Mobilización masiva na concentración deste domingo en Cerdedo contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

A esta concentración, acordada o pasado xoves de xeito conxunto polas comunidades de montes de Quireza, Pedre, Chamadoira, Corredoira e San Bernabé, a Asociación de Veciños de Cuíña, e as formacións políticas do concello; acudíu unha extensa representación do BNG de Cerdedo-Cotobade liderados polo portavoz municipal, Ernesto Filgueira, delegacións do BNG de A Estrada, Silleda e Forcarei ademáis da presencia do deputado galego, o nacionalista, Luis Bará. O deputado denunciou o “espolio eólico que sofre a comarca de Tabeirós-Terras de Montes e chama a evitar a destrucción do territorio e insiste nun modelo eólico alternativo ao modelo depredador que promove o PP dende a Xunta de Galiza”. 

Filgueira denunciou que os dous parques, “que teñen unha afectación brutal no territorio, cos muíños pegados a vivendas e coa afectación ás augas, comparten infraestruturas e son, na práctica, un único proxecto industrial”. A única razón para que se tramiten de forma fragmentada é para esquivar os estudos de impacto ambiental. 

Nun espazo pequeno do territorio -afirmou Filgueira- aglomeraríanse os parques eólicos de Campo das Rosas, Cabanelas, Monte de Arca, As Penizas, Pico Touriñán, Porto Vidros e Touriñán III, co conseguinte impacto sobre a paisaxe e perda de biodiversidade que supón a construción de todas as infraestruturas necesarias para dar servizo a estes parques. 

“A intensa labor de información, denuncia e mobilización contra os macro-parques eólicos de Campo das Rosas e Porto Vidros debe continuar, en colaboración coa forza veciñal ata lograr que a Xunta paralice a súa tramitación” apuntou o portavoz municipal Ernesto Filgueira.