Moción referida ao "ENSANCHAMENTO DA PONTE DA LOMBA NA EP-0401 CARBALLEDO-CAROI" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida:“ENSANCHAMENTO DA PONTE DA LOMBA NA ESTRADA EP-0401 CARBALLEDO-CAROI”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O BNG de Cerdedo-Cotobade ven de recoller unha demanda moi popular entre a veciñanza das parroquias de Corredoira e Caroi na que dende os tempos da última reforma do vial EP-0401 fica pendente o ensanchamento da “Ponte de Ferro” (así coñecida popularmente) no lugar da Lomba. Trátase dunha estructura estreita, sen arcéns e curva, características que veñen a incrementar a inseguridade viaria e aumentar o risco de colisión neste punto da estrada Carballedo-Caroi. O ensanchamento da Ponte da Lomba é unha reclamación histórica da veciñanza que viven nas parroquias altas da zona de Cotobade á que se lle debe por solución na menor brevidade de tempo posible.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

Instar á Deputación Provincial a que ensanche a Ponte da Lomba sita na estrada EP-0401 (Carballedo-Caroi) a fin de dotar a este tramo de maior seguranza viaria.