Ernesto Filgueira recolle as demandas da veciñanza de Corredoira e Caroi e pide o ensanche a Ponte Da Lomba

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

ERNESTO FILGUEIRA RECOLLE AS DEMANDAS DA VECIÑANZA DE CORREDOIRA E CAROI E PIDE O ENSANCHE A PONTE DA LOMBA.

Ernesto Filgueira: “A veciñanza de Caroi e de Corredoira trasladounos por escrito unha relación de propostas nas que solicitan melloras para os seus lugares relacionadas con desvios de augas pluviais, calmado de trá co e mellora da seguridade vial no tramo da Ponte da Lomba”.

O BNG de Cerdedo-Cotobade foi informado recentemente de diversas demandas de veciños e veciñas de diferentes lugares das parroquias de Caroi e Corredoira. Entre as máis destacadas guran aquelas nas que reclaman maior atención á seguridade viaria na estrada EP-0401, vial que comunica Carballedo con Caroi. As peticións da veciñanza pasan por acadar maior seguridade vial nas travesías das parroquias coa colocación de elementos que contribúan ao calmado do trá co e levar a cabo unha mellora que permita o paso seguro de vehículos en cada sentido ,sen que un deles teña que ceder o paso ao outro, no lugar da Ponte de Ferro, da Lomba.

Concretamente, a Ponte da Lomba é un ponto sensible do vial, pois, constitúe un elemento de alta perigorisidade para o trá co rodado ao ser estreita, sen arcéns e ubicado en plena curva. O BNG de Cerdedo-Cotobade comprometeuse coa veciñanza a rexistrar unha moción para ser debatida no vindeiro pleno municipal na que se inste á Deputación Provincial, propietaria do vial, a ensanchar a Ponte da Lomba para dotar nese tramo da estrada de mellor seguridade vial para os seus usuarios. Ernesto Filgueira, portavoz do BNG local, vai defender esta iniciativa diante da corporación coa esperanza de que se sumen Partido Popular e Partido Socialista para pechar, após de tanto tempo, unha espera histórica para a veciñanza da Corredoira e de Caroi.

Ernesto Filgueira: “A pesares das circunstancias, dende o BNG temos abertas todas as canles posibles para que a veciñanza poida seguir achegándonos as súas demandas e necesidades. Fomos quén de abrir un xeito novo de facer opsición, propósitiva e activa, centrada nos problemas reais. Por iso, anuncio que voltaremos a convocar á veciñanza e ás entidades sociais de cada parroquia así as circunstancias nolo permitan, pois, son moitas as peticións que nos chegan para termos reunións presenciais”.