Jorge Cubela abandoa ás persoas maiores de 80 anos do concello para non enfrentarase á Xunta de Feijoo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

JORGE CUBELA ABANDOA AS PERSOAS MAIORES DE 80 ANOS DO CONCELLO PARA NON ENFRENTARSE Á XUNTA DE FEIJOO

Ernesto Filgueira: “Recollemos o cabreo dos nosos maiores diante da distancia que teñen que percorrer para inocular a vacina contra a covid19 ata o PAC de Cerdedo. Esta ubicación escollida pola Xunta de Galiza implica que en moitos casos se teñan que desprazar máis de 30km cando no concello contamos con tres Centros de Saúde de referencia equidistantes entre as parroquias dos dous territorios identitarios do actual municipio”.

O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia públicamente a situación de desamparo que está a sufrir a veciñanza maior de 80 anos por mor do proceso de vacinación contra a COVID19 iniciado este luns. Un procedemento que chega a Cerdedo-Cotobade cun alo de oscurantismo e falla de transparencia o que motiva, aínda máis, o forte cabreo da veciñanza máis maior e o das súas familias. A Xunta de Galiza está a por en marcha este proceso de vacinación pensado para ás áreas máis urbanas do País sen ter en conta as actuais características xeográficas e demográficas do concello, pois, é un dos de maior superficie de Galiza, cunha poboación moi envellecida, moi dispersa e por riba, cos servizos públicos espallados por mor da falla dun núcleo referente de centralidade. No BNG resulta incomprensible como están a obligar aos maiores de 80 anos a se trasladar máis de 30 kms ata Cerdedo cando o municipio conta con Centros de Saúde de referencia tanto en Carballedo como en Tenorio, cuios radios de proximidade ás parroquias son moito máis accesibles para os veciños e veciñas das parroquias máis afastadas. 
Segundo di o BNG o concello non conta cun servizo de transporte público regular interparroquial, polo que, aquelas persoas maiores que viven soas ou sen familiares que os poidan desprazar ata Cerdedo vense obrigados a dispoñer dun taxi e soportar un custo extra de mobilidade entre os 30 e os 60€ cando sofren as pensións máis baixas do Estado e supoñen a parte da poboación municipal mais vulnerable.
Para o BNG é incomprensible como Jorge Cubela se está a por de canto sen levantar a voz contra a Xunta de Galiza, deixando á súa sorte aos maiores máis desfavorecidos sen tomar nota das accións emprendidas polo seu homólogo da Lama Jorge Canda para reclamar un plan de vacinación adaptado á especial casuística de Cerdedo-Cotobade. 
Dende o BNG pídenlle a Cubela que “como Alcalde protexa os intereses da veciñanza reclamándolle á Xunta de Galiza un novo plan de vacinación adaptado ás características territoriais do concello coa mesma celeridade coma se este proceso fose responsablidade da Deputación de Pontevedra. É un tema o suficientemente vital como para deixar os intereses individuais e partidistas a un lado”.

Ernesto Filgueira: “Un concello rural non se fai sumando unilateralmente kms cadrados de superficie senón aportándolle servizos públicos dignos que permitan unha vida plena, de calidade e que fagan comunidade”.