Moción referida á “MELLORAS DE SEGURIDADE VIARIA NA PO-233 e CARRIL-BICI DE BORA Á A LAMA”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte Moción referida á “MELLORAS DE SEGURIDADE VIARIA NA PO-233 e CARRIL-BICI DE BORA Á A LAMA”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O grupo do BNG de Cerdedo-Cotobade ven de analizar a seguridade viaria nunha das principais arterias de comunicación que atravesa a parte sur do Concello: a estrada PO-233. O resultado é unha vía que conta con boas prestacións de rodadura en xeral máis sí presenta outras deficiencias que teñen que ver coa situación de perigosidade peonil existente nalgúns tramos da vía ao seu paso polos lugares de Vilanova, a Xesteira e as Lagoas. O BNG considera que nestas travesías deben incorporarse medidas que contribúan ao calmado do tráfico, beirarrúas e paso de peóns regulados por semáforos intelixentes. Medidas que teñen como obxecto mellorar a seguridade da veciñanza que vive nas inmediacións da estrada da Xunta, especialmente nas travesías descritas.

Asemade, debemos engadir a necesidade de levar a cabo a construcción dun carril-bici dende a rotonda de Ponte-Bora até o termo municipal da Lama a fin de garantir a seguridade entre conductores e ciclistas ao longo do total da vías PO-233 e PO-234, pois, resulta ser un paso moi frecuente para un gran número de ciclistas que veñen a desfrutar do entorno natural do territorio de Cotobade. Entende o BNG que de se lograr incrementar a seguridade ciclista cun vial propio, ademáis de se garñar en seguridade viaria, resulturá tamén un activo co que atraer novos deportistas ao termo municipal, xerar consumo na hostelería local e contribuír ao desenvolvemento do eido turístico municipal.

Para o BNG é importante actuar neste vial baseándose en criterios de seguridade veciñal, de humanización das travesías e do aproveitamento das infraestructuras como catalizadoras de riqueza económica.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar á Axencia Galega de Infraestructuras da Consellería de Infraestructura e Mobilidade da Xunta de Galiza a construír un carril-bici dende Ponte-Bora ata o Concello da Lama (PO-233/PO-234) e mellorar a seguridade viaria da PO-233 ao seu paso polos lugares de Vilanova, a Xesteira e as Lagoas dotando as súas travesías con medidas que redunden no calmado do tráfico, de beirarrúas que favorezan a mobilidade e pasos de peóns regulados por semáforos intelixentes.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF