Ernesto Filgueira activa unha campaña en cumprimento da Lei da Memoria Histórica.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “A pesares de termos denunciado e mesmo rexistrado unha queixa contra recentes obras municipais nas que foron restaurados e coloreados símbolos fascistas en fontes públicas, o goberno de Jorge Cubela segue a mantelos a sabendas de que non está a cumprir a lei da Memoria Histórica”.

O grupo do BNG de Cerdedo-Cotobade liderados por Ernesto Filgueira anuncia unha moción para ser debatida no Pleno de final de mes co obxectivo de garantizar, coa aprobación da mesma polo Pleno, a activación dos traballos necesarios que leven á eliminación de todos e cada un dos símbolos de carácter fascista e franquista existentes en número bens de carácter público espallados ao longo do extenso termo municipal. Ernesto Filgueira rexistrara no pasado mes de maio unha queixa formal contra diversas obras de símboloxía preconstitucional na que se solicitaba a súa eliminación. Máis, logo dos 210 días dende o rexistro da queixa a situación segue a ser a mesma: o goberno de Cubela segue a ignorar o imcumplimento da lei de Memoria Histórica.

Así pois, entende o BNG que debe activar unha campaña a fin de garantir que sexa o 2020 o ano no que o concello de Cerdedo-Cotobade quede limpo de calquera símbolo ou connotación que non respecte a legalidade vixente en materia de Memoria Histórica. Por elo, Filgueira vai defender na moción a creación dunha “Comisión de Seguimento de Eliminación de Simboloxía Franquista” bautizada como “Comisión ELISIMFRA 2020” conformada por membros do goberno local, concelleiros dos grupos da oposición, representantes das entidades sociais e persoas a título individual de destacado prestixio cuio traballo a prol do cumplimento da lei de memoria histórica sexa de amplo recoñecemento veciñal. A proposta do BNG é que a Comisión ELISIMFRA 2020 sexa o eixo de consenso entre a administración local e a veciñanza a fin de artellar unha liña clara de traballo para que ao longo do 2020 fique eliminado calquera vestixio franquista logo de ter sido supervisada a relación dos bens afectados coa súa correspondente documentación histórica.

Así pois, Ernesto Filgueira vai solicitar do Pleno o seu apoio unánime para eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura.

Ernesto Filgueira: “Insto ao Sr Cubela a sumarse a esta iniciativa para restaurar a dignidade das familias dos represaliados e asasinados pola ditaura no noso Concello. É un acto de xustiza social”.