Moción referida ao “PLAN DE INVESTIMENTOS PARA A MELLORA INTEGRAL DA REDE DE SENEAMENTO MUNICIPAL”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG de Cerdedo-Cotobade ben de facer unha ruta de prospección nas diferentes parroquias para estudar a situación na que se atopa a rede do saneamento municipal así como o das respectivas decantadoras e atender ás demandas veciñais a respecto da falta deste servizo en diversos lugares do concello. Esta análise de situación ten a súa razón de ser a partires das denuncias públicas feitas pola veciñanza en diversas parroquias do termo municipal tralo ciclo de intensas choivas ao longo dos meses de decembro e xaneiro onde o BNG constatou que algunhas das decantadoras e puntos da rede expulsaban augas fecais misturadas coas augas pluviais. Problema ao que se lle debe prestar máxima atención e pronta solución.

A situación que presenta a actual rede de saneamento municipal é lamentábel e de máxima gravidade. Adoece de puntos de ruptura parcial ou total das tubaxes mesmo antes de enlazar coas decantadoras, provocando situacións de verquidos aos camiños públicos, ao entorno natural e aos ríos e regatos dos que se atopan próximas. Decantadoras que presentan notables deficiencias en canto á súa funcionalidade, peches perimetráis deteriorados, sen mantemento e invadidos de maleza.

O BNG xa ten presentado propostas a fin de conquerir melloras urxentes coa firme convicción de que se precisa desenvolver un proxecto integral que supoña reverter o estado de abandono da actual rede de saneamento. No BNG preocupa o desleixo reiterado do goberno do PP no que non houbo preocupación polo mantemento da rede municipal nin tampouco parece que se teña revisado a fondo o funcionamento das decantadoras onde debe concluír, de xeito exitoso, o proceso de depuración das augas residuais das diferentes parroquias. O BNG advirte da preocupación da veciñanza pola situación precaria da rede máis tamén daquela outra veciñanza que, sen contar co servizo de saneamento ao que ten dereito, reclámao de seu independentemente do lugar onde viva.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte

Moción:

  1. Instar ao goberno local a auditar a rede de saneamento e eliminar urxentemente os verquidos daquelas decantadoras que están a verter ao medio natural.
  2. Instar ao goberno local a extender o saneamento aos barrios e lugares que non contan co servizo.
  3. Instar ao goberno local a aprobar no 2023 un Plan de investimentos para a mellora integral da rede de saneamento municipal no que se priorice a reposición das tubaxes e arquetas deterioradas, a separación das augas fecais das pluviais e a substitución das precarias decantadoras actuais.