Moción do BNG para aprobar un plan de investimentos que reverta o lamentábel estado da rede municipal de saneamento

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira, en calidade de portavoz municipal do BNG de Cerdedo-Cotobade, leva ao Pleno de marzo unha moción na que insta ao goberno local do PP a reverter a lamentábel situación na que se atopa a actual rede pública de saneamento.

 
Dende o BNG reclamamos a aprobación dun Plan de Inversións para completar o saneamento en moitos lugares onde a veciñanza non conta co servizo, substituir as decantadoras que hoxe verten ao medio natural, ríos e regatos; e abordar unha mellora integral do conxunto da rede.
 
Ernesto Filgueira non entende como após de 12 anos de goberno do PP, o alcalde Jorge Cubela, manteña o servizo en estado de abandono e que non se teña abardado un proxecto para telo rematado no 100% do territorio municipal. Filgueira ínstao a aprobar a proposta do BNG a fin de que a veciñanza viva no rural en igualdade de condicións prestando especial atención ao cuidado e calidade medioambiental, hoxe seriamente comprometida tendo en conta as moitas denuncias veciñais a prol de verquidos na rede de saneamento localizados ao longo de Cerdedo-Cotobade.
 
TEXTO DA MOCIÓN REXISTRADA PARA O PLENO DE MARZO DE 2023