O BNG presenta alegacións á ordenanza municipal proposta polo PP para regular a adxudicación das vivendas sociais en Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Para o grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade é prioritaria unha política social de máxima transparencia, equidade e dirixida a quén máis o precisa.

Por iso, Ernesto Filgueira rexistra un documento a fin de emendar en tempo e forma a ordenanza reguladora de adxudicación das vivedas sociais de Cerdedo-Cotobade presentado polo goberno do PP logo de ter detectados erros e desaxustes nos criterios de temporalidade, conceptos discriminatorios e pexorativos, requirimentos invasivos aos solicitantes, …

O BNG insta ao goberno local a considerar as alegacións presentadas polo portavoz municipal, Ernesto Filgueira e a facer da política social, unha ferramenta útil para mellorar a vida dos veciños e das veciñas do concello.

ALEGACIÓNS PRESENTADAS: