A ubicación do Parque de Bombeiros debe ubicarse en base a plantexamentos técnicos e onde a resposta sexa inferior a 20’ en tódolos concellos da zona de sombra.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “En nome dos grupos nacionalistas dos Concellos do interior manifestamos o desexo de que as ofertas que se fagan en relación a este serio problema sexan consensuadas e axeitadas ás necesidades de todo o territorio da zona de sombra e non ofertas individualistas e ailladas para saír do paso”.

Os grupos locais do Bng de Cerdedo-Cotobade, Moraña, Ponte Caldelas, A Lama e Campo Lameiro véñense de se reunir a fin de valorar as últimas ofertas lanzadas en relación ao problema na prestación dos servizos de emerxencias. Como xa teñen denunciado, o interior da provincia atópase en zona de sombra e os tempos de resposta varían dende os 30 ́ / 1h provocando unha gran desigualdade entre a veciñanza do rural a respeito da urbana o que ben a aumentar o baileirado demográfico dos concellos do interior. Para o BNG non é un tema menor. Máis ben é un tema que merece altura de miras, capacidade de diálogo, superación dos intereses partidistas e interese por acadar acordos consensuados que beneficien a tódolos concellos por igual.

Por tal motivo, os portavoces nacionalistas agradecen ao Alcalde de Ponte Caldelas e á Presidenta da Deputación as súas recentes ofertas máis o correcto non é lanzar propostas ao aire de xeito individual para parecer que se fai senón que os pasos a seguir deben ser outros.

O BNG insta á Carmela Silva a convocar unha mesa de encontro entre Alcaldes e grupos políticos representados en cada corporación dos concellos afectados así como a asistencia da Xunta de Galiza. Ademaís, consideran que é a Deputación a encargada de solicitar un estudo obxectivo no que determiñar técnicamente a mellor ubicación do Parque de Bombeiros a fin de responder a tódolos territorios en menos de 20’.

O BNG entende que o Plan Concellos da Deputación ten uns obxectivos conconcretos e non é xusto que municipios cativos en habitantes e grandes en extensión territorial perdan a pouca capacidade inversora, polo que rexeitan a proposta da Presidenta Silva de empregar eses fondos na construcción do Parque de Bombeiros. Pola contra, instan á Carmela Silva a atopar a partida económica precisa para dotar á veciñanza dos servizos de emerxenzas adecuados e que remate, dunha vez, coas desigualdades existentes en materia de seguridade e aposte polos servizos públicos no rural logo dun proceso de negoción e dos estudos técnicos adecuados.

Ernesto Filgueira, Portavoz Municipal de Cerdedo-Cotobade.
Lito Muíños, Portavoz Municipal de Ponte Caldelas.
Marcos Suárez, Portavoz Municipal de Moraña.
Suso Fortes, Portavoz Municipal da Lama.
Dolores Domínguez, Portavoz BNG Campo Lameiro.