O BNG leva o parque eólico dos Cotos ao Pleno do Parlamento galego desta semana

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O deputado Luís Bará pregunta ao vicepresidente Conde polas irregularidades na tramitación do proxecto.
Bará: “as portas xiratorias entre o PP e as empresas enerxé cas seguen a pleno rendimento”

O parque eólico dos Cotos, en Cerdedo Cotobade, chega ao parlamento da man do deputado nacionalista Luís Bará, que este mércores preguntará ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Industria, Francisco Conde, sobre as irregularidades na tramitación do proxecto (ás que xo referencia o alcalde de Cerdedo Cotobade) e sobre o cumprimento de todas as garantías establecidas na normativa comunitaria e na lexislación ambiental.

O deputado nacionalista preguntará ao conselleiro se vai atender o clamor social en contra deste parque, como se pon de manifesto nos pronunciamentos do pleno do concello de Cerdedo-Cotobade, no de Ponte Caldelas e no rexeitamento por parte das comunidades de montes e da veciñanza.

Bará tamén lle cuestionará ao vicepresidente da Xunta se se vai poñer do lado da veciñanza ou se vai defender os intereses da empresa promotora, a enerxética ECOENER (que mercou Tiraventos). O deputado nacionalista lembra que “ECOENER é unha empresa rodeada de sospeitas, favorecida por concesións na época de Fraga, investigada no seu día pola scalía, e acusada de graves delitos en Latinoamérica. E por se non fose abondo, recentemente chou para o consello de administración dous exministros do PP, Eduardo Serra e Ana Palacio”. En palabras de Luís Bará, “as portas xiratorias entre o PP e as empresas enerxéticas seguen a pleno rendimento”

Un proxecto aberrante polas dimensións e pola tramitación

O parque dos Cotos ten unha poligonal de centos de hectáreas nas parroquias de Viascón, Carballedo, Rebordelo, Loureiro, Borela e Augasantas (concello de Cerdedo-Cotobade). Ten unha potencia total de 30 MW, con 6 aeroxeradores de 5 MW, e unha altura total duns 200 m sumando a envergadura do fuste e das aspas. Ademais, inclúe a construción dunha subestación, unha liña de media tensión, e grandes explanacións do terreo para o acceso e construción do parque. A maiores, prevese a construción dunha liña de alta tensión através dos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra até a subestación eléctrica de Ponte Sampaio.

Trátase a todas luces dun proxecto aberrante polas súas dimensións e polo xeito de tramitación, de costas ás comunidades locais e á veciñanza das zonas afectadas. Segundo Luís Bará “Na práctica constitúe un proxecto de industrialización do monte, que responde a un modelo agresivo, depredador dos recursos naturais, que favorece os intereses lucrativos das empresas promotoras e que vai causar graves perxuicios no territorio: na paisaxe, nos usos tradicionais do medio, nos recursos hídricos e mananciais de abastecemento de auga, no valor do chan incluido na poligonal, nas espectativas como zona residencial ou turística, e na calidade de vida da veciñanza, que se verá afectada polo ruído, a intrusión visual, a contaminación lumínica ou o efecto sombra”.