O BNG anuncia a súa disposición a facer parte da comisión de seguimento dos proxectos eólicos proxectados en Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Cerdedo-Cotobade, 19 de abril de 2021. A pesares de que o BNG non foi convidado por parte do alcalde á reunión mantida coas entidades comunais das parroquias afectadas, a formación nacionalista participará na comisión de seguimento que anunciou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, porque consideramos prioritario prestar todo o apoio e todo o asesoramento á veciñanza diante do abusivo dos proxectos eólicos que planean
sobre o noso territorio.

O BNG denunciou a fraude de lei da tramitación fragmentada dos megaparques en conivencia coa Xunta de Galiza que pretender encher e ocupar os montes de Borela, Rebordelo, Carballedo, Corredoira, Caroi, Santa María de Sacos, Cerdedo, Quireza, Pedre e Castro, entre outros.

Para o BNG é preciso un cambio de modelo e un novo plan sectorial eólico que exclúa realmente as zonas de alto valor ambiental e con garantías de participación pública dos
bene cios do sector.