BNG da Estrada e Cerdedo-Cotobade presentan unha alegación conxunta ao parque eólico do Campo das Rosas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Paremos a desfeita! Este parque eólico forma parte dun modelo depredador e espoliador dos nosos recursos para bene cio única e exclusivamente das compañías eléctricas, que é polo que apostan tanto a Xunta como o goberno do Estado

A Estrada, 21 de abril de 2021: A semana pasada o BNG da Estrada e de Cerdedo-Cotobade presentamos alegacións ao parque eólico que ten proxectado construír a empresa Naturgy no Campo das Rosas entre ambos concellos e tamén Campolameiro. No día de onte, a concelleira do BNG da Estrada, Susana Camba, acompañada polo responsábel local, Víctor Pousada, así como o concelleiro do BNG de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, e o responsábel local desta localidade, Anxo Santomé, desprazáronse até Sabucedo para escenificar o rexeitamento que este parque eólico provoca nos veciños e veciñas dos concellos afectados

O BNG foi sempre partidario de impulsar as enerxías renovábeis -entre as que se atopa a eólica- partindo de dúas premisas básicas: o coidado do medio e que os bene cios redunden na cidadanía e no desenvolvemento económico dos concellos rurais

Ningunha destas premisas básicas concorren neste proxecto, que responde máis ben a un modelo depredador e espoliador dos nosos recursos para bene cio única e exclusivamente das compañías eléctricas, que é polo que apostan tanto a Xunta como o goberno do Estado

Para facilitar o espolio, a Xunta non dubida en actuar de xeito fraudulento recorrendo á fragmentación arti ciosa, a efectos de impacto ambiental, das infraestruturas compartidas con outros proxectos industriais, evitando que a cidadanía poida participar na avaliación sinérxica, conxunta, sumativa e global dos impactos ambientais derivados do conxunto das infraestruturas do que ven a ser, na praxe, un único proxecto industrial. Teñamos en conta que nun espazo pequeno do territorio aglomeraríanse os parques eólicos de Campo das Rosas, Cabanelas, Monte de Arca, As Penizas, Pico Touriñán, Porto Vidros e Touriñán III, co conseguinte impacto sobre a paisaxe e perda de biodiversidade que supón a construción de todas as infraestruturas necesarias para dar servizo a estes parques

Por se fose pouco, o Campo das Rosas está situado a escasos metros dos núcleos de Insuela, Tresaldeas, Caneda e Cuíña entre os concello da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, o que supón un atentado á habitabilidade destes núcleos.

Forte impacto sobre a Rapa das Bestas

En canto o aspecto ambiental, o proxecto supón unha vulneración agrante da directiva europea para a conservación de hábitats naturais e de fauna e ora silvestre, con afectación severa a lagoas de montaña, brañas, hábitats prioritarios como carballeiras e uceiras, e avifauna moi rica, ademais dos cabalos salvaxes que pastan nesta zona e que teñen unha importancia notábel a nivel social, cultural, patrimonial e turístico, coa celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo. Este é evento ten unha grande transcendencia no noso concello, unha festa que se vén celebrando desde aproximadamente o século XVIII e desde 2007 catalogada como festa de interese turístico

Ademais, o proxecto de impacto presentado obvia a afectación ao rico patrimonio arqueolóxico catalogado existente na zona

No que atinxe ao aspecto urbanístico dos tres concellos aos que afecta este parque eólico asentarase en chan catalogado “chan rústico de espazos naturais” (A Estrada), “chan rústico de protección forestal e chan rústico de protección de augas” (Cerdedo-Cotobade) e “chan non urbanizábel” (Campo Lameiro) , e non se contempla que estes solos acollan instalacións deste tipo nin de instalacións anexas. Isto supón unha grave vulneración da ordenanza reguladora dos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, cuxa instalación impediría o uso gandeiro e forestal e de preservación do medio para o que están concibidas estas catalogacións

Para o BNG é preciso un cambio de modelo e un novo plan sectorial eólico que exclúa realmente as zonas de alto valor ambiental e con garantías de participación pública dos bene cios do sector.

O problema non é a enerxía eólica, é o xeito no que se están a realizar os proxectos de maneira masiva, non plani cada e a grande escala afectando a zonas de grande valor ecolóxico e medioambiental, regalando o espazo público e a paisaxe natural a grandes compañías foráneas a cambio de irrisorias compensacións.

O BNG aposta polo desenvolvemento eólico, un desenvolvemento racional e xado no país, pero neste momento, vivimos un descontrol eólico no que priman os intereses das eléctricas usando un marco legal obsoleto, cunha plani cación de 1997, sen garantir tratos xustos aos propietarios das terras, sen negociación e sen protexer as áreas de valor ambiental