O BNG insta a Cubela a informar verazmente sobre o proxecto eólico de Porto Vidros

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG INSTA A CUBELA A INFORMAR VERAZMENTE AO VECINDARIO SOBRE O PROXECTO EÓLICO DE PORTO VIDROS.

Cerdedo-Cotobade, 15 de abril de 2021. O BNG insta ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela a informar verazmente e asesorar aos veciños e veciñas sobre os parques eólicos que afectan ao noso municipio e que están nestes momentos a exposición pública e en periodo de alegacións.

En declaracións aos medios, Cubela a rmou que o único proxecto eólico en exposición pública é o de Campo das Rosas, algo que non é certo, xa que está a exposición pública o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública (RBDA e planos parcelarios) do parque eólico de Porto Vidros, impulsada por Naturgy que afecta ao noso termo municipal e ao de Campo Lameiro, cunha afectación de 6.750.000 m2.

A voráxine de megaparques eólicos fragmentados arti cialmente para sortear fraudulentamente o impacto ambiental, tamén afecta de cheo ao noso concello. Así os parques eólicos previstos afectan ás parroquias de Borela, Rebordelo, Carballedo, Corredoira, Caroi, Santa María de Sacos, Cerdedo, Quireza, Pedre ou Castro, entre outras.

O BNG quere insistir en que o problema non é a enerxía eólica, é o xeito no que se están a realizar os proxectos de maneira masiva, non plani cada e a grande escala afectando a zonas de grande valor ecolóxico e medioambiental, regalando o espazo público e a paisaxe natural a grandes compañías foráneas a cambio de irrisorias compensacións.

Pero outra forma de facelo é posíbel, e o BNG defende un plan galego, ao servizo do pais, publico, xusto, participativo e sustentábel.