Outro modelo é posíbel. O BNG lanza unha campaña informativa sobre os eólicos en Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG lanza unha campaña informativa sobre os eólicos en Cerdedo-Cotobade, facendo ncapé en que outro modelo eólico é posíbel.

O BNG insta á veciñanza a que se informe sobre os efectos dos eólicos
sobre o territorio 29 de abril de 2021. Nunha comparecencia pública, o responsábel local do BNG, Anxo Santomé, o vice-responsábel da formación nacionalista, Joám Romero, o ilustrador, Victor Rivas, e o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, xeron incapé na importancia de que a veciñanza -ante o escurantismo da Xunta- dispoña información veraz sobre o impacto dos parques eólicos sobre o territorio.

Anxo Santomé xo referencia aos parques eólicos actualmente en proxecto: o de Campo das Rosas (ás que xa se alegou por parte do BNG), Porto Vidros (en fase de exposición pública) e o parque dos Cotos, que afectará ás parroquias de Borela, Rebordelo,  Carballedo, Loureiro e Augasantas, así como que o BNG anunciou que formaría parte da  comisión de seguimento municipal que anunciou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, da que nada que sabe na actualidade.

“O debate non é enerxía renovábel si ou enerxía renovábel non, o debate é se queremos parques eólicos indiscriminados e que non repercuten positivamente no territorio, ou apostamos por outro modelo eólico, participativo, respetuoso co medio natural e que repercuta os seus bene cios económicos nas parroquias”, afirmou o responsábel local do BNG.

Pola súa banda, Victor Rivas a rmou que a campaña grá ca de apoio aos actos informativos que o BNG está levando a cabo baséase na claridade expositiva, interrogando sobre os posíbeis efectos dos eólicos e animando a que a veciñanza se interese por coñecer máis a fondo como lles pode afectar os parques eólicos na súa vida cotiá.

Joám Romero, vice-responsábel local e economista, contextualizou o boom eólico na aposta da UE -que compartimos- de apostar polas enerxías renovábeis, pero non polo modelo que se está a seguir no noso país, con instalacións indiscriminadas e en poder de empresas trasnacionais que estragan o territorio, espolian os nosos recursos e hipotecan o futuro das nosas parroquias.

“O BNG -dixo- aposta por un modelo alternativo que respete o medio e cuxos bene cios
repercutan directamente na comunidade axudando a potenciar o medio rural.

Por último, o portavoz municipal, Ernesto Filgueira deu a coñecer as vindeiras accións da campaña que o BNG está a levar a cabo en Cerdedo-Cotobade coa celebración de reunións veciñais, reparto de folletos informativos, alegacións aos parques previstos e un acto público sobre as enerxías renovábeis, para amosar que outro modelo é posíbel.