O BNG apoia o acordo da corporación contra o Parque Eólico dos Cotos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG, ven de manifestar o seu posicionamento “de oposición contundente ao Parque Eólico dos Cotos” no pleno extraordinario convocado para esta mesma mañá a n de garantir o rexeitamento explícito por parte do conxunto da corporación.

Para Filgueira, ademáis do rexeitamento expreso da corporación, debe haber unha aposta clara e decidida por parte do Alcalde contra este proxecto depredador dando “orde aos técnicos municipais para que elaboren informes rigurosos contra os Cotos”. Lembra o portavoz municipal que se trata dun “proxecto rodeado de moita oscuridade e mala fé política por parte da xunta do PP” ao tratarse dun “proceso que se está a tramitar por un procedemento urxente” logo de ser declarado Proxecto de Interese Autonómico en outubro e “sacalo a exposición pública en pleno nadal a n de evitar a mobilización da veciñanza”. Apunta Ernesto Filgueira que toda esta premura da Xunta co P. E. dos Cotos só se entende ao descubrir que este é un caso grave de portas xiratorias entre a enerxética e o PP, pois, quén está detrás da empresa Tiraventos é un vogal do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible vinculado á Consellería de Medio Ambiente da Xunta, entre outros cargos.

Segundo Filgueira, “a "hai que loitar contra o modelo eólico da Xunta que é permisivo coa fragmentación dos parques eólicos polo que resulta unha fraude de lei que nos obriga a elevar a oposición a estos proxectos especuladores fóra dos nosos límites municipais” polo que, ademáis do acordo plenario e de presentar alegacións, o BNG anuncia o respaldo á convocatoria da plataforma ASI EOLICOS NON para se concentrar diante da Xunta de Galiza o vindeiro 29 de xaneiro.