Moción referida a “Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Sr Alcalde, O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida a: “Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos concellos rurais coma Cerdedo-Cotobade, os produtores locais son unha peza importante do tecido económico dos mesmos. A gandeiría, os cultivos hortofrutícolas, a transformación alimentaria, a artesanía… son actividades enmarcadas dentro da producción local que permiten obter produtos de gran calidade, reflexando a riqueza e o potencial da nosa terra e da súa xente, ó tempo que permiten o impulso e a dinamización da economía local, a creación de postos de traballo, o mantemento de tradicións…

Estes productos destacan pola súa gran calidade, pero a entrada e o posicionamento no mercado non é unha tarefa fácil, en moitas ocasións implica medios e recursos que os productores no poden asumir de forma individual, ou os que non poden acceder polo desleixo e a falta de servizos aportados polas institucións municipais.

Estamos a falar, entre outras cousas, da brecha técnolóxica que dificulta a oferta de sevizos de venta online; da falta de axudas para participar en eventos de venta e posicionamento dos productos, como feiras ou exposicións; da falta de campañas de promoción destes productos a nivel local; da falta de plans de asesoramento e orientación cara a innovación e a xestión comercial…

Vivimos inmersos nunha realidade con novos hábitos de compra e de consumo, nun avanzar continuo marcado polo desenvolvemento tecnolóxico, ante o cal, o apoio aos pequenos productores é indispensable, especialmente, despois da pandemia da Covid 19, na que o peche da hostelería e o incremento das compras en liña afectaron os nivéis de ventas de forma considerable en moitos sectores productivos.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Establecer unha partida dos orzamentos municipais para axudar ós productores locais na participación de feiras, exposicións e eventos de promoción e venta, de forma individual ou de forma conxunta como productores do Concello de Cerdedo- Cotobade.
  2. Proporcionar axuda e apoio ós productores locais para a tarefa de dixitalización e adaptación ós novos métodos de venta, así como programas formativos, de asesoramento e orientación hacia a innovación e de xestión comercial.
  3. Fomentar a adquisición de produtos locais nos servizos municipais (escolas infantís, comedores escolares, centros de servizos sociais, etc).
  4. Ter en conta os productos locais como “agasallo diferenciador” nos actos municipais (homenaxes, premios en concursos e/ou certames organizados polo concello.
  5. Creación dunha plataforma dixital que sirva como ferramenta de promoción e venta para productores e comercios locais.