O BNG insta ao goberno municipal de Cerdedo- Cotobade a aprobar un Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira chama a poñer en valor a grande calidade dos produtos locais, promovendo o seu posicionamento no mercado

Os produtores e produtoras locais son unha peza importante do tecido económico de Cerdedo- Cotobade. Gandeiría, cultivos hortofrutícolas, transformación alimentaria, artesanía… son actividades enmarcadas dentro da produción local que permiten obter produtos de grande calidade que re iten a riqueza e o potencial da nosa terra e da súa xente, ao tempo que permiten o impulso e a dinamización da economía local, a creación de postos de traballo, o mantemento de tradicións, etc.

Estes productos destacan pola súa gran calidade, pero a entrada e o posicionamento no mercado non é unha tarefa doada, e, en moitas ocasións, implica medios e recursos que os productores non poden asumir de forma individual, ou aos que non poden acceder pola falta de servizos e o desleixo das administracións públicas.

Así, é evidente que existe unha fenda técnolóxica que di culta a oferta de sevizos de venta online; que faltan axudas para participar en eventos de venta e posicionamento dos produtos, como feiras ou exposicións; que hai unha ausencia total de campañas de promoción destes produtos a nivel local; e que non existen plans de asesoramento e orientación cara a innovación e a xestión comercial.

Vivimos inmersos nunha realidade con novos hábitos de compra e de consumo, nun avanzar continuo marcado polo desenvolvemento tecnolóxico, ante o cal, o apoio aos pequenos produtores é indispensábel, especialmente, despois da pandemia -que aínda non pasamos de todo- da Covid 19, na que o peche da hostelería e o incremento das compras en liña afectaron os niveis de ventas de forma considerábel en moitos sectores produtivos do noso concello.

Urxe, pois, actuar de forma decidida para apoiar a un sector vital para o noso concello. Neste sentido o BNG propón a elaboración dun plan de promoción dos produtos e dos produtores e produtoras locais que debe incluír os seguintes aspectos:

  1. Incluír unha partida económica nos orzamentos municipais para 2022 para axudar ás e aos produtores locais na participación en feiras, exposicións e eventos de promoción e venta, sexa de forma individual ou de forma conxunta como produtores do Concello de Cerdedo- Cotobade.
  2. Proporcionar axuda e apoio ás e aos produtores locais para a tarefa de dixitalización e adaptación ós novos métodos de venta, así como programas formativos, de asesoramento e orientación cara a innovación e de xestión comercial.
  3. Fomentar a adquisición de produtos locais en servizos públicos como escolas infantís, comedores escolares, centros de servizos sociais, etc.
  4. Ter en conta os productos locais como “agasallo diferenciador” nos actos municipais (homenaxes, premios en concursos e/ou certames organizados polo Concello.
  5. Estudar a posibilidade de crear unha plataforma dixital local e/ou, xestionar a incorporación dos produtores e produtoras de Cerdedo-Cotobade nunha plataforma dixital que sirva como ferramenta de promoción e venta dos seus produtos.