Moción referida ao “REXEITAMENTO ENSANCHE DA N-541 AO SEU PASO POR VIASCÓN”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo e Cotobade presenta a seguinte Moción referida ao “REXEITAMENTO ENSANCHE da N-541 ao seu paso por VIASCÓN”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. O Ministerio de Fomento ven facendo intervencións na N-541 ao seu paso polo territorio municipal. Obras acertadas nalgúns casos e outras moi desacertadas e mesmo ampliando tramos a fin de rebaixar a inseguridade vial e logo da recente remodelación a situación é de maior peligrosidade: Calvelo.
  2. Dentro desta liña de obras o Ministerio de Fomento, en acordo ou non co Concello de Cotobade, estima oportuno ampliar a plataforma rodada cun carríl de servizo na estrada 541 ao seu paso por Viascón así como eliminar os xiros dos automovilistas e o cruce dos peóns entre ámbalas dúas partes da parroquia.
  3. A veciñanza de Viascón rexeita o proxecto de ampliación da estrada de xeito oficial e documentada e mesmo organizan unha concentración pacífica, cunha resposta de gran mobilización veciñal, o pasado 21 de outubro de 2018.
  4. Este proxecto de ampliación quedara paralizado segundo a Subdelegación do Goberno, máis sen ter constancia oficial da anulación desta obra que suporía a división da parroquia de Viascón.
  5. O pasado martes 17 de setembro aparece nos medios de comunicación unha pregunta da ex-Ministra de Fomento Ana Pastor preguntando no Congreso pola evolución do Convenio onde se recollen diversas obras na N-541 e entre elas a de Viascón cándo existe un rexeitamento frontal por parte da veciñanza a dito proxecto, xa que se verían moi afectados os negocios existentes a carón da estrada, sen capacidade de cambio de sentido dentro da parroquia e mesmo incrementaría a inseguridade vial peonil no lugar.

 

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Goberno Local presidido polo Alcalde Jorge Cubela a solicitar a anulación definitiva do proxecto de ensanche da N-541 ao seu paso por Viascón diante do Ministerio de Fomento dado o rexeitamento do mesmo por parte da veciñanza de Viascón.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF