Moción referida á “SITUACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E DECANTADORAS”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte Moción referida á “SITUACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E DECANTADORAS”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O BNG de Cerdedo-Cotobade ben de facer unha ruta de prospección nas diferentes parroquias para estudar a situación na que se atopa a rede do saneamento municipal así como o das respectivas decantadoras. Este análise de situación nace dadas as denuncias públicas feitas pola veciñanza do concello. O obxectivo foi o de constatar o deterioro denunciado que presumiblemente presentan diversos tramos da rede de alcantarillado, tendo como resultado escenarios de máxima gravidade: casos de ruptura parcial ou total das tubaxes mesmo antes de enlazar coas decantadoras, provocando situacións de verquidos aos camiños públicos, ao entorno natural e aos ríos e regatos dos que se atopan próximas. E Ademáis, casos de decantadoras que presentan notables deficiencias, por exemplo, peches perimetráis deteriorados e sen mantemento, invadidas de maleza e en moitos casos lanzando augas residuais polas súas tapas e tubaxes directamente ao medio natural.

No BNG preocupa a existencia dun claro desleixo de anos acumulados nos que parece que non houbo preocupación polo mantemento da rede do saneamento municipal nin tampouco parece que se teña revisado o funcionamento das decantadoras onde debe concluír, de xeito exitoso, o proceso de depuración das augas residuais das diferentes parroquias a fin de evitar a contaminación dos entornos naturais municipais.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Solicitar ao goberno municipal a aprobación dun plan de revisión periódica e integral do conxunto da rede municipal de saneamento para detectar e arranxar urxentemente as súas deficiencias a fin de contarmos cunha rede en perfecto estado de funcionamento e evitar situacións de contaminación medio ambiental.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF