Ernesto Filgueira logra introducir cambios nos Orzamentos Municipais por valor de 200.000€

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Non ímos ser un obstáculo na aprobación dos orzamentos municipais pois entendemos, que aínda que mellorables, deben ser o motor que incidan na vida pública e social do concello, por iso anuncio a abstención do BNG das contas de 2020”.

O BNG que lidera Ernesto Filgueira ven de plantexar diversas iniciativas no marco da comisión previa ao pleno de mañá xoves 19 de decembro onde o portavoz dou conta da necesidade de introducir cambios en diversas partidas no proxecto de orzamentos presentados polo goberno. Filgueira solicitoulle redistribuir 200.000€ a fin de dar cobertura ás mocións plenarias aprobadas nos últimos meses nos que se recollían temas tan relevantes coma a seguranza viaria nos accesos aos colexios, o aumento das accións culturais de dinamización social, a revisión da rede do saneamento e eliminación dos verquidos ou mesmo sobre a promoción dos produtos ecolóxicos e agrarios locais. Ademáis destas iniciativas, o portavoz nacionalista acadou o comprimiso da Alcaldía de adicar unhas partidas para desbloquear as obras de mellora das estradas de Bugarín, Borela e Almofrei, obras obxecto de debate e acordo alcanzado grazas a laboura de mediación de Ernesto Filgueira entre os demais grupos da corporación. Un dos compromisos adquiridos do goberno con Filgueira é o relanzamento dunha comisión que se encargue da organización do Ano Ricardo Portela 2020 así como do seu nomeamento como Fillo Predilecto cunha partida de 60.000€.

Entende o BNG que é a mobilidade veciñal unha prioridade para o vindeiro ano atendendo á grande dispersión demográfica polo que encarecidamente Filgueira propuxo contemplar unha partida específica para por en marcha un novo proxecto que serva para facilitar as interrelacións veciñais cos servizos públicos precisos para a vida no rural. E non esquenceron os nacionalistas incidir na necesidade de contar cunha partida económica o ano que ven adicada en exclusiva a retirar a simboloxía franquista existente nos bens públicos do concello e cumplir coa Lei de Memoria Histórica.

Ernesto Filgueira: “No Pleno de Orzamentos de mañá proporei medidas para reducir a partida de gastos correntes, hoxe demasiada alta, e anunciarei propostas para incrementar os ingresos municipais. Agardo que estas medidas sexan acollidas polo goberno local”.