Moción referida ao "REXEITAMENTO DA INSTACIÓN DO PARQUE EÓLICO OS COTOS" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello
de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte moción referida ao: “REXEITAMENTO DA
INSTALACIÓN DO PARQUE EÓLICO DOS COTOS”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A instalación do Parque Eólico Dos Cotos supón unha ameaza directa desde o ponto de
vista ambiental, patrimonial, etc. e compromete o futuro económico da parroquias de
Borela, Rebordelo, Carballedo, Loureiro e Viascón afectando indirectamente outras
parroquias limítrofes como Aguasantas pola proximidade dos aeroxeradores. Esta
situación sobrevida está a provocar unha alarma social manifestada pola veciñanza de
xeito individual ou colectivo a través das plataformas que se están a movilizar contra o
P.E. Dos Cotos polas consecuencias negativas que a todos os niveis supón a súa
instalación.

O Sr. Alcalde manifestou públicamente a sua oposición á instalación de dito parque
eólico na asemblea veciñal celebrado no pabillón do colexio de Carballedo o pasado 27
de xuño.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción solicitando do goberno municipal:

  • Un posicionamento institucional firme contra a instalación do P.E. Dos Cotos
  • Que sexa comunicado públicamente o contido da exposición pública no antigo Concello
    de Cotobade en 2013 do proxecto orixinal promovido pola empresa Tiraventos S.L.
  • Que faga as xestións necesarias ante a Xunta de Galiza e ante a empresa para obter
    toda a información sobre as modificacións do proxecto orixinal a respeito do número e
    dimensión dos aeroxeradores, potencia por aeroxerador e potencia total a instalar,
    dimensión e posición da superficie da poligonal, instalación de estacións e subestacións, liñas de evacuación, posíbeis modificación da afectación medioambiental, etc.
  • Que se comprometa formalmente a custear con cárrego aos orzamentos do Concello,
    todos os gastos de honorarios de asistencia jurídica e procuradores/as necesarios para
    apresentar cuanta demanda sexa necesaria para impedir a instalación do PE Dos Cotos.