O BNG pide que o goberno cumpla a súa palabra e retire as contas municipais de Abanca

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte PREGUNTA instando á súa resposta:

Van unhas semans nas que ABANCA comunicou a súa decisión de pechar a oficina da Chan, Carballedo. Logo dunha postura unánime da corporación a prol das medidas anunciadas polo Alcalde, entre elas retirar as contas municipais, pregunto cando se vai levar adiante esa medida? Hai outras medidas previstas de presión? Fixo o goberno municipal algunha outra xestión na procura dunha solución?

Quedamos á espera de prontas respostas.