O BNG demostra que o Alcalde mentiulle á veciñanza ao ocultar as solicitudes para obras vencelladas ao PE dos Cotos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Nunha xuntanza, con motivo da creación da Plataforma Así Eólicos Non, organizada no pabellón municipal de Carballedo o 27 de xuño do pasado ano 2021, Jorge Cubela manifestou diante dun centenar de veciñas que nin no Concello de Cerdedo-Cotobade nin na Xunta de Galicia constaba ningún documento relacionado co Parque Eólico OS COTOS. Así e todo, temos documentos que demostran que en xaneiro de 2021 nun caso e, dende maio dese mesmo ano noutro, existen no Concello solicitudes de obras relacionadas con este proxecto eólico e que, a maiores, dende abril e maio a Xunta ten constancia de ditos proxectos, pregunto:

-Señor Cubela, cales son os motivos polos que lle mentiu á veciñanza?

Quedamos á espera de prontas respostas.