O BNG denuncia caos pola falla de persoal sanitario no Centro de Saúde de Cerdedo e reclama melloras na atención sanitaria en Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira denuncia que o SERGAS, dependente da Xunta de Galiza, desatende unha vez máis á veciñanza de Cerdedo-Cotobade logo do caos vivido nas últimas xornadas a propósito das extraccións regulares e da campaña de vacinación.

O BNG anuncia que levará ao Parlamento de Galiza iniciativas a fin de denunciar esta situación de desorganización, falta de persoal de reforzo, a impotencia dos sanitarios presentes e o desacougo sufrido polos veciños e veciñas no Centro de Saúde de Cerdedo.

Di Filgueira que: “ foi tal o caos desta mañá que foron os propios veciños e veciños os que se auto-organizaron para salvar a xornada de extraccións e de vacinación”.

Ademáis, o portavoz do BNG Ernesto Filgueira lembra que “Seguiremos a reivindicar a necesidade de que a Xunta solucione as graves deficiencias sanitarias acumuladas que ten o noso concello: o servizo de matrona, que contemos cunha ambulancia medicalizada, que reforce a enfermaría e que cubra as baixas e vacacións do persoal sanitario”.

“Para o BNG que se garanta o dereito á saúde de toda a veciñanza é un obxectivo irrenunciábel, que se nos garanta unha atención sanitaria en condicións”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira.