O BNG insta ao goberno a dotar de sinalización de seguridade e limitacións na estrada de Ceraxe, Valongo-Aguasantas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

-Recentemente acaba ser acondicionada a estrada de Ceraxe (Valongo-Aguasantas). Atópase sen sinalización de seguridade e limitacións e sen apenas elementos de calmado de tráfico: ten o goberno previsto dotar de sinalización vertical e horizontal que garanta a seguridade tanto rodada como peonil da vía e de elementos de calmado de tráfico? Se é así qué prazos se da o goberno?

Quedamos á espera de prontas novas.