O BNG insta ao PP a reclamar da Xunta unha intervención de mellora das beirarrúas da PO-233 á altura da Chan

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

O BNG de Cerdedo-Cotobade observa con preocupación como a beirarrúa e os postes do peche ubicados no lado dereito da estrada PO-233 dirección Bora-Carballedo leva máis dun ano presentando un lamentábel estado de deterioro o que urxe unha solución. As lousas da beirarrúa deste lado da estrada atópanse levantadas, escachadas ou desaparecidas, e os postes do peche que limitan a beirarrúa móvense. Este punto, require dunha actuación de mellora que remate coa situación de perigosidade peonil existente a día de hoxe.

O BNG roga ao sr Alcalde:

-A xestión diante da administración/propietario correspondente da mellora das beirarrúas e a fixación dos postes do peche paralelo á beirarrúa na PO-233 á altura da Chan.

Quedo á espera de prontas respostas.