O BNG lamenta o burdo intento de instrumentalización do Parlamento para intereses electorais do PP

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Na tarde de onte, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, emitíu un comunicado no que acusaba ao BNG de non asistir a unha reunión do Pacto de Pedre convocada para esa mesma tarde ás 16.30 h. Diante destas declaracións de Jorge Cubela, e do burdo intento de instrumentación do Parlamento para intereses electorais do PP, o BNG quere manifestar:

1) A reunión fíxose coincidir coa celebración do Pleno do Parlamento. A sesión da tarde comezaba ás 16.15 h.

2) A reunión coincidía con votacións do Pleno, ás que os deputados e deputadas teñen obriga de asistir.

3) O Portavoz do BNG en Infraestruturas e deputado da comarca de Pontevedra, Luís Bará, tivo que participar en varios debates durante a tarde, o que require a máxima atención.

4) É unha falta absoluta de respeto ao Parlamento convocar de maneira unilateral unha xuntanza coincidindo coa celebración dun Pleno Cámara galega.