O BNG leva a pleno a falla de previsión do Alcalde pola perda do suministro de auga nas redes veciñais
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
Estamos na época do ano na que a seca xa é unha realidade e unha necesidade, unha época na que as fontes xa están en mínimos, comparable a habitual e recurrente situación que ano tras ano acontece cara setembro ou mesmo tende a se anticipar coma no caso deste ano logo das vagas de calor que estamos a sufrir de xeito concadenado. As previsións climatolóxicas non indican que veñan ciclos de choivas polo que traerá problemas de suministro de auga a diversos núcleos nalgunhas das nosas parroquias, mesmo chegando á seca dalgúns mananciais.
O BNG pregunta ao sr Alcalde:
-Qué medidas ten preparadas o goberno local para paliar a falla de auga naquelas vivendas onde se produza esta situación previsible de seca?
-Ten coñecemento da situación actual a respecto das redes de suministro que dan servizo á veciñanza do concello?
Quedamos á espera de prontas respostas.

