O BNG logra o compromiso de Jorge Cubela e do PP de retirar a simboloxía fascista de Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Xoves 25 de novembro de 2021. Ernesto Filgueira defendeu no Pleno Municipal desta máñá unha “nova” moción para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica e retirar dos bens públicos toda a simboloxía fascista existente ademáis de propor unha comisión de seguimento constituída por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da memoria.

Ernesto Filgueira: “Nun acto de xenerosidade accedín á emenda do goberno local a fin de lles arrincar o seu compromiso en sede plenaria para retirar toda a simboloxía fascista e poder avanzar cara unha sociedade máis democrática e respectuosa coa memoria d@s represaliad@s e das súas familias”.

O BNG acada un to histórico en Cerdedo-Cotobade ao lograr que o partido máis belixerante contra o cumprimento da Lei de Memoria Histórica -o PP de Pablo Casado que non dubida en asistir a misas na honra do Dictador- se vexa obrigado a apoiar a iniciativa grazas, entre outros factores, á presión veciñal, á determinación do portavoz nacionalista Ernesto Filgueira e polas vergoñentas circunstancias dos últimos días protagonizadas polo líder estatal do PP.

Así pois, apunta Ernesto Filgueira que “queda no teito do PP de Jorge Cubela cumprir co seu compromiso de deixar os bens públicos libres de símbolos falanxistas e avísalle de que non se parapete noutras administracións para non executar o que él mesmo aprobou, pois, é para o BNG un tema crucial e de fondo interese social que vai seguir minuciosamente por compromiso coa reparación da memoria e da hixiene democrática”.