O BNG presenta emendas aos Orzamentos da Xunta para dar resposta ás principais demandas da veciñanza de Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Saneamento, seguranza viaria, equipamentos deportivos e política social, principais reivindicacións da formación nacionalista

As emendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta para o 2022 referentes ao concello de Cerdedo-Cotobade teñen a ver con aspectos substanciais que, de aprobarse, incidiría moi positivamente na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, ao afectar ao medio ambiente, á educación á política social, á seguranza viaria ou á promoción turística, entre outros.

Así, demandamos a mellora da de ciente rede de saneamento municipal que existe no municipio, substituíndo as decantadoras actuais por depuradoras e construíndo a rede que falta nos diversos lugares das parroquias de Cerdedo-Cotobade.”É unha actuación imprescindíbel para mellorar o noso medio ambiente”, a rmou Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG.

Así mesmo esiximos a mellora da seguranza viaria na PO-233, poñendo n á perigosidade peonil existente nalgúns treitos da PO-233 ao seu paso polos lugares de Vilanova, a Xesteira e As Lagoas con medidas que contribúan ao calmado do trá co, beirarrúas e paso de peóns regulados por semáforos intelixentes, así como a construción dun carril bici dende a rotonda de Ponte-Bora ata o termo municipal da Lama PO-233/PO-234.

Outro aspecto fundamental é a creación dun centro de maiores público en Carballedo, que dea resposta ás necesidades das persoas maiores do noso concello.

Pór en valor os petróglifos do noso concello, de forma que contribúa á conservación do noso património histórico e, á súa vez, serva de reclamo turístico para Cerdedo-Cotobade, é outra das iniciativas propostas. Poñer en valor a nosa gran riqueza en gravados prehistóricos, compre adecentalo co desbroce perimetral, a recuperación e posta en valor das laxes, a creación de estacións con perímetros delimitados, a sinalización con paneis informativos, e un plan de promoción “Petroglifos de Cerdedo-Cotobade”, que inclúa a laxe das Rodas e a Laxe dos Cucos, a Pedra das Ferraduras, Laxe do Cebros, Couto do Rapadoiro e a Laxe do Lombo da Costa e Laxe das Coutadas.

Tamén solicitamos as melloras nas instalacións dos CEIPs de Tenorio e Carballedo e a construción dun pavillón deportivo en Tenorio, con pista multideportiva, ximnasio, sala polivalente, vestiarios e gradas para 400 persoas.