O BNG pregúntalle ao goberno do PP polo modelo previsto para a explotación dos Baños do San Xusto

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Logo das obras levadas a cabo en favor da Casa de Baños do San Xusto e da recuperación da súa contorna, 

-En qué fase se atopa o proxecto? 

-Cal é modelo de explotación que ten previsto o goberno para a casa dos baños?

-Cal é a data prevista para a súa apertura ao público?

Quedamos á espera de prontas respostas.