O BNG preocupado pola posta en marcha do transporte integrado por parte da Xunta nos centros educativos do concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta: 

O pasado 14 de Xaneiro fun informado do malestar dos pais e nais dos centros educativos de Tenorio da posta en marcha do servizo de transporte integrado, dependente da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galiza. 

¿Cal é a opinión do goberno ao respecto? ¿Pensa o goberno que este tipo de servizo de transporte é o axeito neste período de pandemia? ¿Trasladoulle o goberno á consellería implicada algún tipo de solicitude para atrasar a mellores tempos sanitarios este tipo de transporte integrado? 

Quedamos á espera de prontas respostas.