O BNG solicita acometer con urxencia melloras na estrada que une a PO-235 coa igrexa de Loureiro
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:
O BNG de Cerdedo-Cotobade ven de recoller as propostas da veciñanza que reside na cotorna da Igrexa de Loureiro, nas que se dan conta da necesidade urxente de acometer un proxecto de mellora do vial que une a PO-235 coa Igrexa xa que é preciso mellorar a seguraza peonil, consolidar a pavimentación lateral de cemento por mor do risco de derrube e dotar de viandas de seguridade diante do desnivel existente após o vial.
O BNG roga ao sr Alcalde:
-Executar un proxecto de humanización do vial que une a PO-235 coa Igrexa de Loureiro dotado dun paso peonil, consolidación da pavimentación de cemento lateral, mellora da iluminación pública, colocación de mobiliario urbano, canalización das augas pluvais e creación dunha praza de centralidade entre as vivendas e a igrexa parroquial.
Quedo á espera de prontas respostas.