ROUBADA A FAIXA COLOCADA NA CHAN COA LENDA “Cerdedo- Cotobade Contra o Espolio Eólico”.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Parece que a nosa mensaxe resulta molesta para algúns que se moven na ambiguidade máis o BNG é rotundo: o espolio enerxético amparado polo PP e o PSOE é unha estafa e unha sentenza de morte para o noso rural”.

O pasado martes a asemblea local nacionalista encabezada polo portavoz municipal, Ernesto Filgueira, levou a cabo a colocación dunha faixa de máis de 5 metros de longo na recta da Chan, en Carballedo, diante de numerosos veciños e veciñas da localidade

“A faixa que viñamos utilizando nos actos de denuncia contra o espolio enerxético que estamos a sofrer en Cerdedo-Cotobade foi roubada con nocturnidade e covardía esta pasada noite”, tal e como apunta o portavoz municipal do grupo nacionalista Ernesto Filgueira

Asemade, os membros do BNG de Cerdedo-Corobade, ademáis do roubo de material informativo, están a ser obxecto de ataques nas redes sociais por parte de perfís falsos, e mesmo o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, recibíu unha carta ameazante do Alcalde para que retirase unha moción contra o Parque dos Cotos. Inclusive, durante o transcurso da sesión plenaria do xoves foi emboscado pola “sorprendente” entente do PP e PSOE para acadar ese n, máis, a xenerosidade e capacidade de chegar a acordos do portavoz do BNG xo posible elevar os puntos da moción a un acordo plenario, comprometendo á corporación a posicionarse contra o parque eólico dos Cotos e ao goberno local afrontar as posíbeis cotas xudiciais para evitar a instalación dos eólicos nas parroquias afectadas

Ernesto Filgueira:”Non hai roubos, cartas ameazantes, discursos manipuladores ou ententes partidistas interesadas que nos calen“.

Varios membros do BNG, entre eles Ernesto Filgueira, achegáronse onte ata o lugar dos feitos logo de seren informados por varios veciños do roubo, comprobando in situ que non había restos da faixa máis sí as bridas cortadas e tiradas no chan. Foron os propios nacionalistas quenes as recolleron e as depositaron no colector do lixo correspondente