Poñendo CERCO ao espolio eólico no auditorio de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Dende CERCO plani camos un modelo de encontro congresual contra a depredación eólica pioneiro en Cerdedo-Cotobade”

Na mañá de hoxe, a asociación cultural e social CERCO do BNG de Cerdedo- Cotobade, celebrou no auditorio de Cerdedo unha xornada centrada nas experiencias de loita contra o espolio eólico no País. A xornada foi un encontro de plataformas e entidades sociais de diversas bisbarras da xeografía galega.

A apertura do evento correo a cargo de Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG. A continuación, celebráronse as dúas mesas de debate previstas participadas por:

  • Roi Cuba (Presidente de ADEGA)
  • Carmen Varela (AAVV O Outeiro de San Mamede do Monte -A Baña-)
  • Erik Dobaño (Oposición ao proxecto eólico no Monte da Neve -Celanova- José Taboada (CCMM de Vincios -Gondomar-)
  • Alexandre Cendón (Asemblea do Suído)
  • Ángeles Sierra (Salvemos o Támega -Monterrei-Vilar de Barrio-Laza)
  • Mario Maceiras (Asociación en Defensa da Costa da Morte)
  • José Justo (Oposición ao proxecto eólico de Os Cotos -Cerdedo- Cotobade)

As conclusións da xornada foron a cargo do deputado do BNG Xosé Luís Rivas, "Mini” alegando “que o País é noso; as augas, os montes, os pastos e os ventos son nosos, das galegas e dos galegos. Non nos van roubar o futuro” Acción Social e Cultural CERCO.