O deputado do BNG Xosé Luís Rivas “Mini” pechará a xornada de debate sobre o espolio eólico na Galiza

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Sábado 10 a partir das 10 da mañá no auditorio do centro cultural e social de Cerdedo.

Cerdedo-Cotobade converterase este sábado, día 10 de xullo, no epicentro da loita contra o espolio eólico coa celebración dunha xornada in-formativa organizada por Acción Social e Cultural CERCO que co título “Poñéndolle cerco ao espolio eólico na Galiza: experiencias de loita” na que participarán algunhas plataformas das máis activas do país.

Abrirá a xornada ás qo da mañá no auditorio de Cerdedo o portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, para dar paso a dúas mesas redondas, a primeira comezará ás 10.10 e estará moderada por Roi Cuba (Presidente de ADEGA) na que participarán Carmen Varela (AAVV O Outeiro de San Mamede do Monte -A Baña-), Erik Dobaño (Oposición ao proxecto eólico no Monte da Neve -Celanova- e José Taboada (CCMM de Vincios -Gondomar-) e a segunda ás 12.30 h., moderada por Alexandre Cendón (Asemblea do Suído) , coa participación de Ángeles Sierra (Salvemos o Támega -Monterrei-Vilar de Barrio-Laza), Mario Maceiras (Asociación en Defensa da Costa da Morte) e José Justo (Oposición ao proxecto eólico de Os Cotos -Cerdedo-Cotobade).

O acto, no que se resumirán as conclusións nalizará cunha intervención do deputado do BNG Xosé Luís Rivas, "Mini".

Ao remate da xornada de re exión e debate terá lugar un xantar-picnic no patio do colexio San Xoán Bautista de Cerdedo, ao que todo o mundo se pode sumar co seu propio xantar.

Ademais haberá actividades lúdicas vencelladas ao ecoloxismo e ao coidado do medio rural para a rapazada e rematará ás 19 h. cun concerto a cargo da “Banda de Aló”, un grupo participado por músicos de Cerdedo-Cotobade, que fai música reivindicativa do país.