Charla-coloquio en Carballedo sobre comunidades enerxéticas e comunidades de montes
Venres 18 ás 20.30 h. no Multiusos de Carballedo
O BNG convida aos veciños e veciñas a asistir este venres, día 18, ás 20.30 h. no multiusos de Carballedo a unha charla coloquio na que se abordarán as comunidades enerxéticas, nas que se explicarán que son, como funcionan e que beneficios teñen para a veciñanza.
A charla, co título “Comunidades enerxéticas e comunidades de montes. O exemplo de Buchabade”, estará a cargo de Fernando Malvar Cortizo, presidente da Comunidade Enerxétia de Buchabade.