Comunidado valoración peche Abanca de Carballedo

𝗔𝗕𝗔𝗡𝗖𝗔, 𝗔𝗦Í 𝗡𝗢𝗡.

Ernesto Filgueira: “Abanca está a ferir de morte a vida no rural”.

Ante o anuncio do #peche da sucursal de Carballedo, o BNG Cerdedo e Cotobade manifesta o “𝗿𝗲𝘅𝗲𝗶𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗳𝗿𝗼𝗻𝘁𝗮𝗹” 𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗰𝗶𝘀𝗶ó𝗻 𝘁𝗼𝗺𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗔𝗯𝗮𝗻𝗰𝗮 cuia acción entendemos como un ataque directo ao rural e á nosa veciñanza.

Estas son as consecuencias da política de desleixo de Alberto Núñez Feijóo e do Partido Popular de Galicia cando decidiron acabar coas caixas galegas e malvendelas. Lembramos como en meses pasados xa 𝗱𝗲𝗻𝘂𝗻𝗰𝗶á𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘁𝘂𝗱𝗲𝘀 𝗮𝗯𝘂𝘀𝗶𝘃𝗮𝘀 desta entidade á veciñanza cobrando comisións desproporcionadas e indiscriminadas e cómo, de novo, volta asestar un golpe ao dereito de contarmos con servizos que faciliten a vida no noso concello de ámbito rural.

Por este motivo, anunciamos 𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗮𝘀 𝗮𝗰𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘁𝗲𝘀𝘁𝗮 acordadas no seo da xunta de voceiros municipais desta mañá: levaremos as nosas reclamacións ao pleno extraordinario previsto, participaremos na recollida de sinaturas e instaremos á celebración dunha mobilización veciñal.

@s compañeir@s do BNG de Cerdedo-Cotobade denunciamos o 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲 da dirección de Abanca co noso territorio, denunciamos 𝗲𝘀𝗽𝗼𝗹𝗶𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗶𝘀𝗶ó𝗻𝘀 cobradas á nosa veciñanza nos últimos tempos, denunciamos 𝗮 𝗳𝗮𝗹𝘁𝗮 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗮𝗼𝘀 𝘂𝘀𝘂𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 e denunciamos 𝗮 𝗱𝗲𝘀𝗶𝗴𝘂𝗮𝗹𝗱𝗮𝗱𝗲 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 que están a xerar entre as bisbarras rurais e urbanas.

#Pénsao #OutraFormaÉPosíbel