
Cubela impide que se traten no pleno as mocións da ponte de Pedre e do aparcamento de Montecelo
No pleno da corporación municipal celebrado no día hoxe, o PP volveu facer ouvidos xordos á Lei e ás demandas realizadas polos colectivos memorialistas e polo BNG, para borrar os vestixios laudatorios da ditadura franquista e honrar ás persoas demócratas asasinadas ou represaliadas no noso termo municipal.
“A súa é unha actitude indigna dunha persoa que se di demócrata” exclamou Ernesto Filgueira. “Xa van tres veces que levamos este tema a pleno e vostede segue sen ser capaz de condear o réxime fascista que nos levou a unha longa noite de pedra, como diría Celso Emilio Ferreiro e, sobre todo, segue sen ser capaz de facer cumprir o acordo desta corporación de borrar toda a apoloxía ao réxime franquista do noso espazo público. A que ten medo, señor Cubela, ou é que no fondo ve -como os seus compañeiros de partido de Madrid- con bos ollos a ditadura represora que acabou coas liberdades no Estado?”.
A moción do BNG foi aprobada, ao igual que a presentada en novembro do 2021, cos votos do BNG e o PSOE e a abstención do PP.
Cubela impide debater a moción do BNG sobre a ponte de Pedre e a moción conxunta BNG-PSOE para que o aparcamento do hospital Montecelo sexa de balde
O BNG levou por urxencia dúas mocións, que non foron tratadas ao non aceptar a urxencia o alcalde e o seu grupo. A primeira pedía que se acometese a reforma integral da ponte medieval de Pedre, que se atopa nunha situación verdadeiramente perigosa após un desbroce feito polo concello no 2021 no que se comprometeu a infraestrutura ao non realizar accións posteriores de consolidación das estructuras da ponte medieval, e que derivaron no derrube do contraforte -que a día de hoxe- segue no chan e está a comprometer o conxunto da infraestructura medieval. A pesar da evidente xustificación da urxencia despois de dous anos co contraforte completamente estragado, Cubela fuxíu do debate e de dar explicacións e impedíu o seu debate
A segunda moción de urxencia que se negou a tratar -esta presentada conxuntamente co PSOE- demandaba que o novo aparcamento do noso hospital de referencia -Montecelo- sexa de balde.
Humanización da PO-235 á igrexa de Loureiro
No apartado de rogos, o portavoz nacionalista solicitou a humanización que vía que une a PO-235 coa igrexa de Loureiro, mellorando a seguridade e creando unha praza entre as vivendas e a igrexa parroquial