Ernesto Filgueira insta ao sr Cubela a  aliminar a simboloxía fascista dos bens públicos de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira leva, por terceira vez neste mandato, ao pleno de finais de marzo de 2023 unha moción na que se insta ao sr Cubela e ao PP de Cerdedo-Cotobade a retirar a simboloxía fascista dos públicos, a reparar a dignidade e a memoria das vítimas da ditadura e a cumprir coa Lei de Memoria Histórica.

Resulta incomprensíbel entender como o PP, logo de rexeitar a primeira moción do BNG presentada en xaneiro de 2020 e absterse na votación da segunda moción presentada en novembro de 2021, continúa sen cumplir co acordo plenario logo de resultar aprobada dita moción grazas á aposición.

Así, pois, Ernesto Filgueira insta ao PP nesta nova iniciativa a cumprir co mandato do pleno e asumir, dunha vez por todas, coa Lei de Memoria Democrática aprobada polo Estado o 19 de outrubro de 2022 e retirar a simboloxía fascista dos bens do concello e crear unha comisión de seguimento constituida por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da memoria municipal.

MOCIÓN PRESENTADA PARA O SEU DEBATE NO PLENO DE MARZO DE 2023