Ernesto Filgueira pregúntalle ao goberno se ten constancia de posíbeis bens inmatriculados pola igrexa
O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTA instando á súa resposta:
Logo de termos coñecemento do listado de bens inmatriculados pola Igrexa entre os anos 1998/2015 como consecuencia das acción lexislativas da época Aznar, preguntamos ao goberno local:
-¿Ten constancia o Alcalde dos bens inmatriculados dentro do termo municipal?
-¿Fixo algunha revisión do mesmo para comprobar se algún espazo público ou veciñal foi apropiado pola Igrexa? ¿De ser así qué accións está a promover para reverter o expolio?
Quedamos á espera de prontas respostas.