Ernesto Filgueira solicita a retirada inmediata dos agresivos redutores de velocidade colocados na vía do Redondo, Viascón
O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:
Logo das reclamacións achegadas a este concelleiro por parte de diversos veciños e veciñas do lugar do Redondo, Viascón; solicito do goberno local a retirada inmediata dos redutores de velocidades colocados ao longo da vía que atravesa o núcleo e sexan substituidos por outros elementos máis transitables que permitan, igualmente, disuadir prácticas viarias agresivas ou excesivas e garantan a integridade física veciñal.
Quedamos á espera de prontas respostas.