Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a prestar atención á situación na que se atopa a rede viaria municipal

Logo das queixas e do malestar trasladado pola veciñanza en diversas parroquias a respecto do estado lementábel da capa de rodadura nos viais de titularidade municipal,

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Conta o goberno municipal cun estudo de avaliación que valore a situación actual da rede viaria de titularidade municipal?

-Ten previsto por en marcha un plan de mellora nos viais municipais especialmente naquelas onde as fochancas poñen en risco a seguranza dos e das conductoras e dos ciclistas?

-Conta cunha partida económica para atender as necesidades de reparación que precisa a rede viaria local?

-Se contan con orzamento de canto é partida económica?

-Se non conta con orzamento para estas actuacións, prevé o goberno unha partida nos vindeiros orzamentos que aínda ten sen aprobar pese á contaren coa maioría da corporación?

Quedoamos á espera de prontas respostas.