Ernesto Filguera eleva ao pleno de xaneiro a urxencia de conquerir arranxos no lugar do Igrexario de Loureiro

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo Cotobade presenta as seguintes preguntas instando á súa resposta:

En abril do ano 2025 o BNG de Cerdedo-Cotobade recolleu as propostas da veciñanza que reside na cotorna da Igrexa de Loureiro, nas que se daba conta da necesidade urxente de acometer un proxecto de mellora do vial que une a PO-235 coa Igrexa xa que segue a ser preciso mellorar a seguraza peonil, consolidar a pavimentación lateral de cemento por mor do risco de derrube e dotar de viandas de seguridade diante do desnivel existente após o vial. Logo de ter levado este tema a pleno, corroboramos que o goberno local segue sen facer ningún tipo de actuación na zona e mesmo, após a intensa época de choivas na que nos atopamos vemos como os muros que dan suxeición á contorna da igrexa presenta fendas, movemento de cachotes co conseguinte risco para o paso de persoas. Diante deste tema tan grave:

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Cando pensa o goberno local poñer en marcha un proxecto de humanización do vial que une a PO-235 coa Igrexa de Loureiro, dotalo de paso peonil, consolidar a pavimentación de cemento lateral, mellorar da iluminación pública, colocar mobiliario urbano, canalizar as augas pluvais e crear unha praza de centralidade entre as vivendas e a igrexa parroquial?

-Ten instado o goberno local aos titulares da igrexa a levar a cabo accións de consolidación dos muros que soportan o terreo da igrexa para rematar co perigo de derrubamento?

Quedamos á espera de prontas respostas.