Ernesto Filguiera pregunta polos 28.183€ en concepto de publicidade gastados polo goberno do sr Cubela
O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
Da revisión dos movimentos contábeis das distintas partidas no libro maior da conta número 22602 de PUBLICIDADE E PROPAGANDA correspondente ao exercicio 2020, extraemos as seguintes conclusións:
- O importe total acumulado das obrigas recoñecidas e de pagamentos efectivos para esta conta ascendeu a 28.183,09 € durante o 2020.
- En concreto, o concello pagou os importes que se relacionan as seguintes empresas de comunicación:
Empresa de comunicación | Importe pagado durante 2020 |
Virtual Vedra Comunicación S.L. NIF: B94063567 | 4.658,50 € |
Daniel Fernández Maissa NIF: 76868234A | 8.167,50 € |
- Cales son os servizos concretos de comunicación que prestan ditas empresas ao Concello?
- Realiza-se algún tipo de avaliación da eficacia da función comunicativa de ditas empresas?
- Existe algún contrato administrativo asinado con algunhas das empresas acreedoras de servizos de publicidade e comunicación, aínda considerando que o importe de ditos servizos cumpre os requisitos para ser de adxudicación directa?
Quedamos á espera de prontas respostas.