Filgueira denuncia acumulacións de lixo prolongadas en diferentes parroquias do concello
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
Son varias e en diversas parroquias as queixas da veciñanza nas que expresan un fondo problema de saúde pública ao non recoller o lixo de xeito frecuente en tanto en canto, os colectores pasan días desbordados impedindo o desbote dos residuos de xeito selectivo.
As denuncias chegan dende Aguasantas, San Xurxo, Valongo, Quireza, Viascón …. E outros lugares do termo municipal polo que preguntamos:
-É coñecedor o goberno local desta problemática?
-Ten recibido o goberno local queixas formais a través do rexistro municipal?
-Cales pensa o goberno local que son as razóns polas que os colectores non son recollidos de xeito frecuente?
-Ten o goberno local un plan actualizado de recollida?
-Fai o goberno local recollida selectiva? Se é así a onde se envían os residuos atendendo a esa recollida selectiva?
-Está o goberno local a traballar nun plan integral de mellora do sistema de recollida selectiva do lixo cun plan paralelo de concienciación veciñal?
Quedamos á espera de prontas respostas.