Filgueira denuncia discrimación por parte da alcaldía ao non ser convidado aos actos oficiais
O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:
O pasado martes día 28 de setembro procedeuse a inaugurar as casas de protección oficial participada por representantes do goberno local e provincial así como por unha parte da oposición municipal. Como portavoz do BNG de Cerdedo-Cotobade quero manifestar o miña desaprobación para coa alcaldía por non me teren convidado e solicito que sexa recollido en acta plenaria o seguinte,
Solicito, por enésima vez, que sexa convidada a oposición aos actos municipais para evitar situacións de discriminación, oscurantismo e/ou mala praxe política por parte do equipo de goberno.
Quedamos á espera de prontas respostas.