Filgueira pregunta pola seguridade viaria da PO-235 e polas humidades na Casa do Pobo de Aguasantas

En datas recentes a equipa do BNG dirixida polo portavoz municipal Ernesto Filgueira estivo reunida coa veciñanza da parroquia de Aguasantas no marco do Plan de Proximidade que está a desenvolver o BNG no conxunto do termo municipal interactuando cos diversos colectivos e entes sociais do concello. Así pois, o resultado do encontro coas forzas vivas da parroquia resultaron os seguintes temas cuias aclaracións e/ou respostas procúranse urxentes para a calidade de vida de dita parroquia. 

PREGUNTAS

1. ¿Sabe o goberno local da necesidade de solicitarlle á Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta de Galiza medidas de calmado de tráfico e seguranza viaria do vial PO-235 ao seu paso polo frente da Alameda?

2. ¿Sabe o goberno local da entrada de auga tanto no interior como no soportal da Casa do Pobo, recentemente reformada?

3. ¿Sabe o goberno local que trala reforma da PO-234 foron colocadas viondas que impiden o paso dos sendeiristas que transita a ruta e dificultan a chegada aos muíños de Calvelle?