Moción referida á “MELLORA DO TRAZADO, SEGURANZA VIARIA E CALMADO DO TRÁFICO NA EP-0407, BORELA”

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte Moción referida á “MELLORA DO TRAZADO, SEGURANZA VIARIA E CALMADO DO TRÁFICO NA EP-0407, BORELA”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O grupo do BNG de Cerdedo-Cotobade considera prioritario levar a cabo un mellora no trazado a estrada EP-0407 ao seu paso pola parroquia de Borela dende a PO-233 ata o entronque co camiño que chega ao lugar da Graña. No BNG entendemos que esta estrada require dunha actuación a fin de mellorar o trazado, reducir curvas, calmar o tráfico e dotala de maior seguranza tanto para a veciñanza coma para os ciclistas.

Trátase dunha estrada relevante para a mobilidade local así como tamén para a vertebración provincial. Isto conleva o paso habitual de usuarios que se desplazan a altas velocidades -creando un problema de seguranza nesta vía e especialmente no tramo do vial EP-0407 -dende a intersección anterior á Casa Cultural Nélida Piñón ata o entronque co camiño que une coa Graña- incitados polas propias características do trazado: unha longa recta á que, ademáis, cabe presumirlle os cambios de rasante sen arcéns e sen beirarrúas. Estas características causan situacións de perigosidade tanto a peóns coma ciclitas nos seus desprazamentos cotidianos máis este problema de seguranza viaria vese agravado pola proximidade á vía do Centro Cultural Nélida Piñón e un parque infantil ubicados a carón desta estrada provincial.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar á Deputación Pronvincial de Pontevedra, titular do vial EP-0407, a levar a cabo accións de mellora de trazado, calmado de tráfico e a creación dun vial peonil/ciclista paralelo á plataforma rodada dende a PO-233 ata o entronque co camiño que chega ao lugar da Graña para garantizar a seguranza viaria da veciñanza de Borela, dos usuarios e ciclistas e reducir a velocidade do tráfico rodado no total da estrada e especialmente na zona dos equipamentos públicos.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF